sábado, maio 14, 2016

VISITA AQUARIUM CORUÑA

Debido a que aos peixes failles dano o flash da cámara, fixemos unhas pouquiñas fotos desta saída.
Pero aquí tedes un resumo dese día...

Visitamos a Sala Maremagnum, que conta con varios acuarios, alí escoitamos moi atentos as explicacións da monitora María.
Vimos moitos peixes: morena, rodaballos, sardiñas...as bateas, os centolos...
E despois ao noso amigo Nemo, que vive en augas máis cálidas.

Na sala Nautilus , decorada como o gabinete do Capitán Nemo, tivemos a sorte de ver como os mergulladores daban de comer aos peixes.
Alí estaba Gartón, o tiburón máis grande...pero ese día non tiña moita fame.

Despois da merenda, fomos ver ás focas macho

E por último vimos as medusas, as estreliñas e os cabaliños de mar.







Ningún comentario:

Publicar un comentario