xoves, setembro 01, 2016

REUNIÓN INICIO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro xoves 8 de setembro, as 9:30 realizaremos a reunión de inicio de curso en educación infantil.
A ser posible acudan sin nen@s

Moitas grazas, as titoras.

venres, maio 20, 2016

VISITA NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO

HOXE DÍA 20 DE MAIO, VISITAMOS AOS NOSOS VECIÑOS DA ASOCIACIÓN 
"NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO", 
ALÍ FIXEMOS VARIOS OBRADOIROS  E TAMÉN FIXEMOS NOVOS AMIG@S.

PRONTO PUBLICAREMOS AS FOTOS DESTA XORNADA.


sábado, maio 14, 2016

VISITA AQUARIUM CORUÑA

Debido a que aos peixes failles dano o flash da cámara, fixemos unhas pouquiñas fotos desta saída.
Pero aquí tedes un resumo dese día...

Visitamos a Sala Maremagnum, que conta con varios acuarios, alí escoitamos moi atentos as explicacións da monitora María.
Vimos moitos peixes: morena, rodaballos, sardiñas...as bateas, os centolos...
E despois ao noso amigo Nemo, que vive en augas máis cálidas.

Na sala Nautilus , decorada como o gabinete do Capitán Nemo, tivemos a sorte de ver como os mergulladores daban de comer aos peixes.
Alí estaba Gartón, o tiburón máis grande...pero ese día non tiña moita fame.

Despois da merenda, fomos ver ás focas macho

E por último vimos as medusas, as estreliñas e os cabaliños de mar.







mércores, maio 11, 2016

CONTACONTOS KAMISHIBAI: "PEIXIÑO,PEIXIÑO"


ESTE MÉRCORES DÍA 11 DE MAIO, AS NAIS DE VEGA, LAURA E ANDREA (4 ANOS), CONTÁRONNOS UN CONTO CO TEATRILLO TÍPICO DE XAPÓN, 
CHAMADO "KAMISHIBAI".

OS HABITANTES DO POLO SUR LEVAN UNHA VIDA MOI TRANQUILA, ATA QUE UN DÍA APARECE UN CONFLICTO. UNHA BALEA E UN PINGÜÍN PELEXAN POR UN PEIXE QUE ATOPAN NA PRAIA.





ARIGATOU MAMIS!

BIQUIÑOS DE ARROZ CON LEITE





domingo, maio 08, 2016

MAIOS


O PASADO XOVES 3 DE MAIO CELEBRAMOS OS MAIOS NA NOSA ESCOLA GRAZAS OS OBRADOIROS DO CONCELLO 


FIXEMOS:  UNS MAIOS CON FLORES, O BAILE DA DANZA DE ARCOS, UN PASEO POLO PATIO E UNHAS CANTIGAS PARA CELEBRAR A CHEGADA DA PRIMAVERA


venres, maio 06, 2016

ANIVERSARIOS ABRIL

Publicada a montaxe dos aniversarios do mes de abril, 
na web do colexio e na dereita do blog.

PARABÉNS IRENE E XOEL!